Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este martes e mércores en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este martes e mércores, 26 e 27 de maio, o municipio de Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, de 16:00 a 21:00 horas. Lembramos que desde o luns 23 de marzo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, xa que comezouse a doar sangue mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Anuncios