Sin categoría

Esquerda Unida pide que se retransmitan por internet todas as sesións plenarias de Nigrán

Despois da solicitude realizada este pasado domingo por Podemos Nigrán na que pedía que o pleno telemático celebrado este martes, fora público, foi retransmitido a través do canal de YouTube do Concello de Nigrán. Esquerda Unida destaca que a pesar da nula publicidade da retransmisión realizada por parte do goberno municipal, dita retransmisión chegou a contar nalgún momento con 19 espectadores cando se estaba celebrando o pleno e no momento de elaborar este comunicado as visualizacións en indirecto chegan ás 56, bastantes máis dos que habitualmente acoden ao salón de plenos.

Esquerda Unida de Nigrán, despois desta primeira experiencia, solicita ao goberno municipal que retransmita a través da web municipal ou do canal de YouTube do concello todos os plenos, non soamente os que se celebren telemáticamente, para facilitar o coñecemento por parte da cidadanía, do contido dos plenos. Hai que lembrar que o grupo socialista, despois de votar, coa intención de facilitar a presenza da veciñanza nos plenos de Nigrán, nos anos 2014 e 2015 que os plenos se celebraran pola tarde, neste mandato aproveitando a súa maioría absoluta decidiu trasladalos ás 12:00 do mediodía.