Baiona retira os colectores de lixo de Elduayen

O Concello de Baiona vén de anunciar o traslado dos colectores de lixo situados na rúa Elduayen para recolocalos no illote de contedores existente nas inmediacións da entrada á Fortaleza de Monte Real, xunto ao parque biosaudable da Palma. O traslado dá cumprimento ás demandas que, nese sentido, realizara tanto veciñanza da zona como o sector comercial.

Coa reinstalación deses colectores, contribúese á posta en valor dunha zona gran afluencia de peóns, especialmente na época estival, e elimínase un punto orixe de malos cheiros sobre todo nos días de moito calor.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, chamou a atención sobre a necesidade de que o municipio presente as mellores condicións de limpeza e salubridade “especialmente –sinalou o rexedor local– nun ano complicado como este no que o noso comercio precisa de todas as axudas posibles que contribúan a súa reactivación”.