
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, informa a través dun Bando que en relación ás franxas horarias para saír a facer deporte ou pasear, a Xunta de Galicia, a través da FEGAMP, trasladou unha aclaración daqueles núcleos de poboación que teñen menos de 5.000 habitantes. Na comunicación establécese que o Concello de Gondomar non ten ningún núcleo de poboación (parroquia) que supere os 5.000 habitantes:
Por todo o anterior, e segundo a comunicación da Xunta de Galicia, trasladada a través da FEGAMP, o Concello de Gondomar estaría exento das suxeicións ás franxas horarias para saír a facer deporte ou pasear, unha vez ao día, a 1 km do domicilio para o paseo e dentro do termo municipal para o deporte. Sen franxas horarias pero sempre entre as 6:00 e as 23:00 horas.
O rexedor recorda que segue sendo importante que durante as saídas permitidas se manteñan todas as medidas de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias:
Os maiores de 14 anos poderán circular polas vías e espazos de usos públicos para:
• Práctica non profesional de deporte individual sen contacto con terceiros, unha vez ao día e dentro do municipio de residencia.
• Paseos acompañados dunha persoa convivinte ou persoa coidadora de persoa con necesidade de acompañamento. Distancia máxima 1 km.
Lugares: Calquera vía pública ou espazo público que non necesite de uso de vehículo para desprazarse. NON PODERÁN acceder a instalacións deportivas pechadas para a práctica. Nin facer uso de vehículo motorizado nin transporte público para desprazarse co fin de realizar a actividade física.
Sen franxas horarias pero sempre entre as 6:00 e as 23:00 horas.
Terán que cumprir cos requisitos para evitar contaxio:
1. Manter distancia interpersoal de 2 m.
2. Evitar aglomeracións.
3. Evitar paradas nas actividades físicas, en espazos públicos.
NON PODEN SAÍR: se presentan síntomas compatibles co Covid-19 ou estean en illamento.
BANDO FRANXAS HORARIAS DOS NÚCLEOS CON MENOS DE 5000 HABITANTES
Publicado por Paco Ferreira Alcalde de Gondomar en Lunes, 11 de mayo de 2020