O Concello de Gondomar iniciou este luns o reparto de alimentos frescos e de primeira necesidade a 120 familias con dificultades económicas. Esta repartición mensual reforzouse durante o período de alerta sanitaria que estamos a vivir para prestar axuda a aqueles que o necesitan. O alcalde, Paco Ferreira, quixo agradecer especialmente a Frutas Nieves pola doazón de produtos frescos -laranxas, plátanos, cereixas, mazás, repolo, tomates e demais legumes, patas, allos, cebolas, compota de froita fresca envasada, etc.- e flores para cada nai que este luns acudiu á repartición de alimentos que o Concello de Gondomar realiza habitualmente ás familias.
Gondomar reparte alimentos e flores










