O Partido Popular de Nigrán, consciente do empeoramento da situación de emprego dalgunhas familias do municipio, quere colaborar difundindo e axudando ás agrupacións de Cáritas das diferentes parroquias da localidade, para que poidan entregar alimentos, produtos de hixiene e fogar ás persoas que o necesitan. O incremento destas peticións de axuda desde o comezo da crise foi moi importante, máis do dobre desde o 13 de marzo, polo que consideran que é fundamental que todos os que poidan colaboren na medida das súas posibilidades. “Cáritas estivo sempre prestando axuda aos que o necesitan e agora necesítanos”, lembran os populares.
Como colaborar?
Entregando produtos de alimentación como cacao, café, fariña, leite, tomate frito, patacas, ovos, salchichas, ou de hixiene persoal e fogar como xel, champú, xabón, deterxente, fregacháns, cueiros.
Onde?
Nos Supermercados GADIS e DIA de Ramallosa hai carriños onde se poden deixar os produtos que se queiran entregar. Tamén se poden entregar nas tendas de alimentación e droguerías de Nigrán coa imaxe da campaña, as “Mans Azuis”. Tamén se pode facer un donativo nas diferentes contas bancarias de Cáritas de cada parroquia, indicando no concepto da transferencia “Caritas” e o nome da parroquia.
- San Pedro/Parada: ES25 2080 5205 6430 0000 5308
- Nigrán: ES94 2080 5052 1330 0019 4829
- Panxón: ES72 2080 5114 5830 0005 2083
- Priegue: ES51 2080 5052 1330 0014 4775
- Camos/Chandebrito: ES65 2080 5052 1030 0003 1568

