A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos catorce concellos da área territorial cun novo envío que suma 12.696 máscaras cirúrxicas, 12.280 luvas e 222 traxes antisalpicaduras, asemade de diverso material de limpeza e desinfección como botes de xel hidroalcohólico ou lixivia.
No que atinxe ao Concello de Vigo, nesta última semana reforzáronse os envíos anteriores con 7.746 novas máscaras, 7.500 luvas e 123 traxes antisalpicaduras.
Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 170.640 unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron 104.200 luvas, 64.594 máscaras e 1.846 traxes antisalpicaduras, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 99.375 unidades para os servizos municipais do Concello de Vigo.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.
A suma total de unidades de protección enviadas por concellos na área territorial de Vigo, supuxo 16.857 unidades para os da comarca da Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas); 15.869 para os do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar); 11.732 para Cangas e Moaña; e 26.807 unidades de protección repartidas entre os cinco municipios restantes (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Redondela).
O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.
A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.
| Ayuntamiento | Guantes | Mascarillas | Trajes |
| Baiona | 3.100 | 1.922 | 87 |
| Cangas | 3.500 | 2.182 | 141 |
| Fornelos de Montes. | 3.200 | 1.582 | 46 |
| Gondomar | 3.000 | 1.862 | 91 |
| Moaña | 3.600 | 2.162 | 147 |
| Mos | 3.100 | 1.972 | 92 |
| Nigrán | 3.600 | 2.160 | 47 |
| Pazos de Borbén | 3.500 | 1.574 | 47 |
| O Porriño | 3.400 | 2.150 | 146 |
| Redondela | 3.700 | 2.210 | 147 |
| Salceda de Caselas. | 3.800 | 2.100 | 97 |
| Salvaterra de Miño. | 2.700 | 1.932 | 56 |
| Soutomaior | 4.000 | 2.056 | 57 |
| Vigo | 60.000 | 38.730 | 645 |

