Sin categoría

A Policía Local de Gondomar remata a súa campaña de “aniversarios de balcón”

Unha vez finalizada a fase crítica do confinamento e tendo en conta que os nenos xa poden saír a pasear cos seus pais, a Policía Local de Gondomar dá por rematadas as súas felicitacións de aniversarios, 45 en total, que fóra do exercicio das funcións profesionais propias, pretendían animar aos cativos e sacarlles un sorriso, tamén ás súas familias e aos seus veciños.

Desde a Policía Local de Gondomar queren agradecer o apoio á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor, “que co seu presidente Iago á cabeza compartiron con nós esta experiencia marabillosa”. Tamén queren agradecerlle a Papadolce e Chupipostres a súa xenerosa e desinteresada colaboración con esta causa. “Por entusiasmo, cariño e dedicación non quedou… esperámolo ter conseguido. Pola nosa parte, misión cumprida”.