O Vithas Fátima xa dispón de circuítos diferenciados para pacientes con sospeita de Covid-19 e doutras patoloxías

O Hospital Vithas Vigo, e os outros 19 hospitais do Grupo Vithas xa están preparados para reactivar a actividade ordinaria con todas as garantías de seguridade para os pacientes e profesionais fronte á covid-19. Tal como estableceu o Ministerio de Sanidade como condición ás CCAA para a desescalada paulatina do desconfinamento, os protocolos deseñados polo Grupo inclúen dous circuítos diferenciados: un para os pacientes que padecen covid-19 ou con sospeita de padecela, e outro para os pacientes que acoden ao hospital polo resto de patoloxías. Este dobre circuíto aplícase en todas as áreas de actividade hospitalaria, como urxencias, consultas externas, quirófanos, plantas de hospitalización, salas de espera ou admisións.

A diminución de novos casos de covid-19 e o previsible incremento da actividade ordinaria para atender aos pacientes que requiren tratamento médico, levou á dirección corporativa asistencial e de investigación do Grupo a deseñar e implementar desde hai semanas protocolos que garanten a seguridade de pacientes e dos propios profesionais. Para a súa realización, reorganizouse a actividade e procedementos, circuítos, medidas de illamento e protección persoal.

“Os 20 hospitais Vithas son espazos seguros e estamos preparados para volver coidar a saúde das persoas que, por mor da epidemia, e xa sexa por temor ou pola obrigada desprogramación da actividade non urxente, demoraron a visita ao médico. Grazas aos nosos protocolos, estamos listos para retomar a actividade ordinaria con todas as garantías de seguridade conforme as indicacións do ministerio e as consellerías de saúde”, explica o doutor David Baulenas, director corporativo asistencial e de investigación de Vithas.

“Os estritos procedementos que implementamos seguen todas as recomendacións das autoridades sanitarias e as sociedades científicas, e permítennos proporcionar espazos seguros en todos os servizos e instalacións, así como medios de protección persoal para pacientes e profesionais”, engade o Dr. Baulenas.

Así, o Grupo está a realizar test masivos de detección do virus en todo o persoal, que está dotado de todas as medidas de autoprotección necesarias, incluídos os EPI nos profesionais que tratan a pacientes covid-19 ou con sospeita de padecelo. Do mesmo xeito, forneceranse máscaras e xel hidroalcohólico a todas as persoas que acudan ao hospital por calquera motivo.

Preparados para a fase pos-covid-19

Co obxectivo de prepararse para a fase pos-covid-19, xunto ao reforzo xeral da limpeza e desinfección e da sinalización das medidas de seguridade e protección persoal, Vithas estableceu os seguintes protocolos específicos para cada área do hospital:

Na área de urxencias implantáronse dous circuítos diferenciados, un para pacientes con infección respiratoria (que podería ser covid-19) e outro para as persoas con outro tipo de síntomas. O paciente será dirixido a un ou outro circuíto segundo corresponda en cada caso concreto. Se o paciente acode a urxencias por un motivo distinto á infección respiratoria, non coincidirá en ningún caso cos pacientes sospeitosos de covid-19, evitando así o risco de contaxio.

Respecto ao área cirúrxica, Vithas reserva unha parte dos quirófanos, equipos profesionais e materiais para pacientes covid-19, destinando a maioría destas instalacións aos pacientes doutras patoloxías. Como sempre, a decisión sobre a necesidade de realizar unha intervención será determinada polo cirurxián en función da situación do paciente e, chegado o caso, realizarase cos rigorosos protocolos establecidos pola Asociación Española de Cirurxiáns, entre as que figura realizar test PCR previos aos pacientes de risco.

Na área de consultas só atenderase a persoas sen sospeita de covid-19, se espaciará o horario das citas para que o número de persoas que coincidan nas salas de espera permita manter a distancia de seguridade, que tamén se sinalizaron entre os asentos; reforzouse o uso de sabas desbotables e os dispensadores de xel hidroalcohólico, e retiráronse folletos, revistas e calquera material que poida ser vector de transmisión do virus. Os mostradores de admisión están protexidos con biombos e sinalízase a distancia de seguridade nas filas.