Esta mediodía chegou a Vigo o mercante interceptado o pasado 25 de abril no que se incautaron máis de 4.500 quilos de cocaína dentro da operación Pantín coordinada polo xulgado nº 3 de Vigo, o GRECO da Policía Nacional de Galicia e o Servizo de Vixilancia Aduaneira. Por iso, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quixo estar presente no momento da chegada a Vigo para ofrecer o seu “agradecemento a todos os responsables desta nova operación antidroga que eleva, en menos de dous meses un importante golpe ao narcotráfico na nosa provincia a pesar da situación de alarma sanitaria que vivimos toda a cidadanía”.
Maica Larriba quixo agradecer “o traballo de investigación dos nosos corpos de seguridade co que, unha vez máis, demostran unha efectividade impecable a pesar de manterse atentos a todas as necesidades sanitarias nas que están a colaborar coa sociedade galega”. Xunto á subdelegada do Goberno estiveron presentes o Comisario Xeral da Policía Xudicial, Eloy Quirós e o Xefe Rexional de Aduanas, Jaime Gallá, quen deu todos os datos dispoñibles, aínda que seguen as investigacións tanto en relación con outros países como respecto ao patrimonio dos detidos. As pescudas seguen abertas coa colaboración internacional e baixo a coordinación da titular do xulgado nº 3 de Vigo e a Fiscalía Antidroga de Pontevedra.

