Persoal da planta Covid do Cunqueiro agradece os apoios recibidos

Persoal da Unidade Covid da planta 3ª C e D do Hospital Álvaro Cunqueiro elaborou un emotivo vídeo como agradecemento por todo o apoio recibido. A montaxe está dedicada a todas esas persoas que lles axudaron nestes días difíciles, con máscaras, gorros, comida, bebida, produtos para a pel e o cabelo, xestos e cartas de apoio, aplausos desde casa, e tamén ás súas familias e aos seus compañeiros do Hospital, “que estiveron aí incondicionalmente”.

Con este vídeo queren transmitir a súa alegría e positividade de que todo isto vaia quedando no esquecemento. “Sigamos adiante bailando!!!”, e así o demostran movéndose coa música de “Este amor ya no se toca”, interpretada por Alba Reche. Desde o Grupo de Apoio do Val Miñor, un dos moitos colectivos que colaboraron co Hospital Álvaro Cunqueiro, reiteran que “o agradecemento é noso, polo seu enorme labor nestes tempos tan difíciles e pola enorme profesionalidade coa que están a levar a cabo o seu papel”.

Equipos COVID-19

Os pacientes están a ser atendidos polos equipos específicos constituídos a tal fin, os catro Equipos COVID:

Un equipo COVID de Urxencias, formado por un facultativo, un profesional de enfermería e un TCAE, que se encargan de atender aos pacientes con criterio clínico e epidemiolóxico sospeitosos nos circuítos dese servizo.

O segundo Equipo é de hospitalización, liderado por un internista especializado en infecciosas ou un neumólogo, que se encargan de realizar o ingreso destes pacientes, atendelos nos seus cuartos e facer o seu seguimento.

O Equipo de Seguimento Compartido de Atención especialidade (ESCAH), é un equipo de Hospitalización a Domicilio. Composto por 1 facultativo e 1 enfermeira, responsabilízase do seguimento clínico dos casos positivos en illamento domiciliario, e de coordinar, se fose necesario, os ingresos no hospital.

🎥 VIDEO: Persoal da planta Covid do Cunqueiro agradece os apoios recibidos.

Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Domingo, 26 de abril de 2020