Sin categoría

O Concello de Baiona informa das condicións dos paseos dos nenos e nenas

O Concello de Baiona recorda que tras a medidas anunciadas polo Goberno do Estado as nenas e nenos menores de 14 anos poderán saír á rúa desde este domingo cumprindo as seguintes condicións:

  • TEMPO: Máximo de 1 hora ao día, a partir do 26 de abril.
  • HORARIO: de 9:00 a 21:00 horas. Recoméndase evitar posibles horas punta.
  • ACOMPAÑADOS: en todo momento por un SÓ ADULTO responsable que viva cos nenos.
  • XOGOS: poden levar xoguetes (pelota, patinete, etc), correr, saltar, xogar e facer exercicio.
  • NON PODERÁN acceder aos parques infantís, zonas deportivas colectivas ou instalacións silimares.
  • CADA ADULTO poderá acompañar como máximo a 3 menores, debendo manter unha distancia na que poida controlalos.
  • DISTANCIA: máxima de 1 km. desde a súa vivenda.
  • ZONAS RURAIS: poderán pasear polo campo e polo monte, respectando sempre a distancia.
  • MEDIDAS PREVENTIVAS: débese manter o distanciamento social establecido ata agora, tanto entre nenos como entre adultos (mínimo de 1 metro, recomendable de 2 metros). Non é obrigatorio, pero si recomendable o uso de máscaras.
  • NON PODEN SAÍR: se presentan síntomas compatibles co Covid-19.

Desde o Concello de Baiona recordan que precisan da máxima responsabilidade por parte de todos. “Xuntos lograrémolo”.