Aínda que o punto limpo de Gondomar permanece pechado por mor da alerta sanitaria decretada polo Goberno de España o pasado mes de marzo, o Concello lembra á veciñanza que o seu servizo de recollida a domicilio segue funcionando. Os interesados en que lles retiren trastes, voluminosos, aveños, etc. deben chamar ao teléfono gratuíto 900 107 382 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 ás 18:00 horas. Daráselles unha data para a recollida de ditos residuos que, deberán estar perfectamente clasificados e que, en ningún caso, poderán exceder as cantidades máximas establecidas por habitantes, tal e como estipula o regulamento.
O servizo de recollida a domicilio do punto limpo de Gondomar segue activo

