Sin categoría

Chuches e unha hora gratis en Indiana Bill para os nenos que cumpren anos en Nigrán

O Concello de Nigrán suma cada vez a máis empresas solidarias e doazóns para colaborar nos efectos do Covid-19, ben mediante axuda as persoas en especial situación de vulnerabilidade ou ben para o festexo dos “aniversarios de balcón”.

Así, unha das últimas iniciativas solidarias para engrosar o agasallo dos aniversarios dos cativos que organiza o Concello é a entrega dun vale dunha hora por parte do parque de entretemento Indiana Bill (para cando este volva a estar operativo) ademais dunha bolsa de chuches regalada por “Lambetadas”, na Ramallosa tamén. A maiores, o Concello recibiu esta semana un paquete anónimo cunha carta de agradecemento que contiña preto de medio cento de broches de fieltro coa forma do corazón da campaña municipal “Paciencia, Cariño e Calma”, tamén para os aniversarios.

Os agasallos a nenos constan sempre de libros e dunha mochila de Aqualia, no caso dos bebés é unha caixa de “apego” que contén diferente material (un álbum de fotos, un polviño-axóuxere, un medidor…). Ademais, a Policía Local de Nigrán aporta a este paquete un “Diploma Especial Quédate en Casa” valorando o bo comportamento e actitude durante o confinamento.

“As mostras de solidariedade son infinitas e sería imposible nomear a todas as persoas e empresas. Estamos moi orgullosos do comportamento do tecido social e empresarial de Nigrán nesta grave crise sanitaria”, subliña o alcalde, Juan González.