O Partido Popular de Nigrán, desde o primeiro día desta pandemia, manifestou o seu total apoio a todas as iniciativas que desde o Concello puxéronse en marcha para prestar asistencia ás familias máis necesitadas, así outras iniciativas culturais e lúdicas que contribuíron e contribúen a mitigar o impacto da pandemia no municipio. Despois do anuncio da asignación o pasado 9 de abril das 1.865 horas de reforzo da atención domiciliaria, a estas alturas aínda non se reforzou ou ampliado ese Servizo de Atención Domiciliaria de forma significativa, algo que nestes momentos é vital para moitas persoas maiores.
Os populares solicitan ao Concello que aplique o seu máximo empeño en asignar estas horas de reforzo canto antes, xa que o seu uso en principio restrínxese á duración do Estado de Alarma. “Se non se tramitan urxentemente perderanse, e esas persoas, a maioría maiores, non recibirán a atención que se merecen, unha xeración de persoas ás que debemos o noso benestar actual e ás que non podemos máis que estar eternamente agradecidos por iso”.
Desde o PP instan o Alcalde, xa que é o responsable máximo da atención a estas persoas, a reforzar o persoal de Asistencia Social se o precisa. “Fágao xa, agora mesmo, no Estado de Alarma pode facelo dun día para outro, e aínda que non o necesita, maniféstolle que o Partido Popular de Nigrán apoiaralle en calquera medida que tome para poder utilizar esas horas de reforzo canto antes”.
Desde o Partido Popular de Nigrán seguen solicitando que se lles informe da situación e propón levar adiante reunións telemáticas semanais/quincenais co equipo de goberno para intercambiar información e preparar iniciativas e propostas non só de tipo asistencial e sanitaria, senón tamén de índole económica, para tentar paliar a grave crise económica provocada por esta pandemia. “Nestas reunións tamén sería conveniente a presenza de axentes sociais como asociacións de empresas e sindicatos, xa que as mellores propostas son sempre as nadas do consenso”, conclúen os populares.

