Membros da Xunta Directiva de ACEBA, reunidos mediante videoconferencia, analizaron a situación actual, expuxeron distintas solucións e buscan como resolver as problemáticas dos seus asociados durante o estado de alarma decretado polo Covid-19 e prepáranse para afrontar nas mellores garantías posibles a desescalada. Por parte de ACEBA xestionouse a compra conxunta dun primeiro lote de 10.000 máscaras, así como está a xestionar tamén a compra conxunta de EPI’s, tales como luvas de nitrilo, xel desinfectante, biombos e máscaras protectoras.
No referente ao sector da hostalería, sen dúbida un dos máis prexudicados por esta pandemia e que tan importante é na vila mariñeira, consideran importante trasladar ao Concello de Baiona a necesidade de eliminación de impostos locais, moi especialmente os referentes a terrazas, así como a flexibilización nas mesmas unha vez póidase volver renovar a actividade para poder cumprir coas medidas de distanciamento que presumiblemente decretará o Goberno do Estado.
Tamén abordaron a posta en marcha dunha Bolsa de Emprego, sabedores da precaria situación na que moitos dos veciños e veciñas quedaron por esta situación excepcional e para poder axudar dentro das súas posibilidades. ACEBA activará un procedemento Online, para recibir currículos de persoas desempregadas de Baiona, xunto con ofertas de Emprego de Empresarios Asociados que verá a luz en próximas datas.
Ademais acordaron iniciar contactos co Clúster de Turismo de Galicia para poder ser partícipes e poder achegar as súas propostas no ámbito de Turismo para Baiona, sobre todo tendo como referente o próximo ano 2021, Ano Xacobeo. E tamén co Departamento de Sanidade para que faciliten os protocolos necesarios para poder trasladar aos asociados todo tipo de información sobre como teñen que adecuar os seus negocios, antes da apertura ao público, para evitar ao máximo calquera tipo de risco ou contaxio e poder dar un servizo con todas as garantías posibles.
Por último, ACEBA foi convocada xunto con outros colectivos de Baiona a unha videoconferencia co Alcalde, Carlos Gómez, o vindeiro venres 24 de abril, co fin de que poidan achegar propostas e ideas. “ACEBA ten múltiples propostas para poder presentar, que axuden a dinamizar a economía local coas maiores garantías, pero antes diso, entendemos que é necesario saber onde estamos e que dirección temos que tomar. Xa que sen ter clara cal é a situación de nosa Vila, dificilmente pódense propoñer accións que se axusten ás necesidades e que poidan ser factibles poñer en marcha”, afirma o seu presidente, Marcos Comesaña.
“Cal é a situación de Baiona e o Val Miñor con respecto a esta pandemia? Cantos casos confirmados de Covid-19 existiron? Cantos seguen activos? Onde están localizados? Cando poderán os comercios baioneses abrir as súas portas e en que condicións? Os empresarios e comerciantes de Baiona necesitan estas e moitas máis respostas antes de poder achegar propostas e iniciativas que poidan ser realistas e factibles”, conclúe o presidente de ACEBA.

