Sin categoría

Interceptado un condutor sen carné e sen seguro, positivo en drogas e con outras dúas persoas no vehículo

A Garda Civil de Pontevedra interceptou na mañá do martes a tres persoas circulando nun vehículo sen causa xustificada e incumprindo as medidas establecidas polo Real Decreto 463/2020, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

Os feitos sucederon ás 09:15 horas no quilómetro 6,200 da PO-403, na localidade de Salvaterra do Miño (Pontevedra). Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Porriño, apreciou como no interior dun vehículo, que viaxaban tres persoas, circunstancia non permitida na actualidade, xa que como máximo pode situarse unha persoa en cada fila de asentos e só nos supostos permitidos.

Os axentes puideron comprobar que o condutor do turismo, veciño de Ponteareas, e de 38 anos de idade, era un dos considerados “condutores multirreincidentes” sobre os que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil efectúa unha vixilancia especial debido ao seu perigo para a seguridade viaria.

O condutor carece de permiso de condución ao perder a totalidade dos puntos asignados e non facer o curso de recuperación, ademais, o vehículo no que circulaban carecía de seguro obrigatorio.

Os ocupantes do coche, dous homes e unha muller, non xustificaron a causa da súa viaxe en ningunha das excepcións que permiten romper o confinamento. Manifestaron á patrulla que viñan da casa dun deles e dirixíanse á localidade de Ponteareas para pasar o día en casa doutro.

Nunha inspección posterior do vehículo localizáronse varios papeis de aluminio impregnados dunha substancia cristalizada e un envoltorio de plástico con cocaína no seu interior, polo que se realizou ao condutor a proba de drogas arroxando resultado positivo indiciario en cocaína.

Como consecuencia destes feitos investígase ao condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, conducir tras perder o permiso de condución pola perda total dos puntos asignados, formulando ademais denuncias polas diversas infraccións observadas en materia de seguridade viaria e seguridade cidadá.

Os tres implicados serán denunciados por un incumprimento das medidas de limitación da liberdade de circulación de persoas establecidas polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

Segundo caso na mesma mañá

Ás 13:45 horas, outra patrulla do Destacamento de Tráfico de Porriño localizou a un segundo condutor multirreincidente. Neste caso a actuación practicouse no quilómetro 165,000 da N-550, no termo municipal de Mos. Os axentes sorprenderon a un veciño de Redondela, de 45 anos de idade, cando conducía tras perder o seu permiso pola perda total dos puntos asignados. Esta persoa xa foi sorprendida en varias ocasións durante os últimos meses conducindo co seu permiso retirado.

Como na actuación anterior, procédese á investigación penal do condutor implicado. O vehículo no que circulaba foi inmobilizado no lugar dos feitos.

2020-04-17 - 20200415 MULTIRREINCIDENTE MOS