Sin categoría

Cómplices canta desde Gondomar “Vendrán tempos mejores”

Cómplices estreou este luns un novo single, dedicado a toda a xente que está a sufrir a situación actual provocada polo coronavirus. O dúo musical formado por Teo Cardalda e María Monsonís aproveitou o confinamento na súa residencia de Gondomar para compoñer e realizar o videoclip da canción. O alcalde, Paco Ferreira, destacou que ademais cederán os dereitos de autor do tema “para axudar a soportar esta pandemia mundial que nos azouta indiscriminadamente a todos sen piedade e sen preguntar”. “Grazas amigos, de corazón, sodes xeniais como grupo, pero abrigo moi, moi, moi, moi boa xente…, é un orgullo para Gondomar tervos de veciños”.