Sin categoría

O exército desinfecta a residencia “Vila do Conde” de Gondomar

O Rexemento de Defensa NBQ “Valencia” nº 1 desinfectou este domingo o Centro Residencial “Vila do Conde”, situado na parroquia gondomareña de Vilaza. O obxectivo é previr a propagación do coronavirus Covid-19 entre os máis de 100 maiores residentes e os máis de 40 traballadores. Polo momento non hai ningún positivo. O Rexemento de Defensa NBQ “Valencia” nº 1 é unha das Unidades do Exército de Terra que está despregada na Operación Balmis contra o Covid-19.