Aceba pon en marcha a campaña “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón”

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) en colaboración coa Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, pon en marcha da campaña “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón”, na que un total de 27 centros comerciais abertos da nosa comunidade autónoma, e de forma conxunta, pretenden premiar a fidelidade dos seus clientes e lembrarlles que o comercio local de Baiona e Galicia está sempre ao seu lado en momentos tan difíciles para todos como o que estamos a vivir con motivo do COVID-19.

Para participar nesta campaña, os interesados deberán acceder á conta de facebook de ACEBA e buscar o post do concurso. A participación é moi sinxela xa que só haberá que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou vídeo e indicar a poboación onde lles gustaría comprar no caso de gañar un dos vales de compra.

Os participantes entrarán no sorteo de 27 vales de compra por valor de 50 euros (1.350 euros en total), que poderán ser gastados nos establecementos asociados unha vez finalizase o confinamento por motivo do COVID-19 e a volta á normalidade. Pódese participar ata o 12 de abril.

Anuncios