Sentida homenaxe a Víctor Fernando Lomba González en Nigrán

Axentes da Policía Local concentráronse este mércores na Praza do Concello de Nigrán en homenaxe ao seu compañeiro Víctor Fernando Lomba González, falecido repentinamente aos 53 anos de idade. Tamén participaron os alcaldes de Nigrán e Gondomar, Juan González e Paco Ferreira, e representacións das policías locais de Baiona, Gondomar, Redondela e Porriño, ademais de Garda Civil, GES, Protección Civil Val Miñor e Servizos de Ambulancias do 061.

Víctor Fernando Lomba González entrou a formar parte deste corpo no ano 1998 (IX promoción). O Concello de Nigrán, en nome de todos os traballadores e a corporación, trasladou as súas condolencias e o seu pesar á familia, compañeiros e achegados. Así mesmo, decretáronse dous días de loito oficial e bandeiras a media hasta.

🎥 VIDEO: Sentida homenaxe a Víctor Fernando Lomba González en Nigrán.

Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Miércoles, 8 de abril de 2020