Hoteis de Nigrán doan material hixiénico ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Persoal sanitario púxose en contacto co Grupo de Apoio Val Miñor solicitando axuda ante a escaseza de material de protección, concretamente gorros desbotables. Xunto con diferentes hoteis da contorna, o colectivo xestionou a posible doazón.

A resposta foi favorable por parte dos tres hoteis contactados, aos que desde o Grupo de Apoio Val Miñor queren agradecer enormemente a súa solidariedade e tamén a súa celeridade na entrega do material doado, ante a falta destes gorros desbotables para profesionais sanitarios, necesarios para atender a doentes de Covid-19.

Así, o Hotel Miramar (Praia América), o Hotel A Queimada (A Carrasca) e o Hotel Val Convention (Nigrán) fixeron chegar, a través do Grupo de Apoio Val Miñor, máis de 500 gorros de ducha á 2ª e 3ª planta do Hospital Álvaro Cunqueiro e entregarán outros 100 á Residencia Asistida Meixoeiro. Así mesmo, varias voluntarias inmediatamente puxéronse mans á obra e confeccionaron máis de 50 gorros de tea co mesmo destino.

Actualmente, seguen confeccionando dende o sábado unha nova remesa de gorros e contactando con diferentes hoteis dispostos a facer doazóns.

Anuncios