Dous días de loito oficial en Nigrán polo falecemento do policía local Víctor Fernando Lomba González

O Concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media hasta ante o falecemento repentino esta noite do seu policía local Víctor Fernando Lomba González, de 53 anos de idade, e quen entrou a formar parte deste corpo no ano 1998 (IX promoción). O Concello de Nigrán, en nome de todos os traballadores e a corporación, traslada as súas condolencias e o seu pesar á familia, compañeiros e achegados. Ao mesmo tempo, comunica que os axentes e o alcalde de Nigrán se reunirán esta tarde ás 20:00 horas na Praza do Concello para render homenaxe ao seu compañeiro e invita á veciñanza a dedicar o aplauso a este corpo de seguridade como sinal de apoio nestes intres tan complicados e de recoñecemento pola súa labor.