Povisa supera as mil probas de Covid-19 a domicilio

A procura activa de positivos e a atención a domicilio están a consolidarse a nivel mundial como unha das estratexias máis efectivas na loita contra a pandemia do Covid-19, por iso é polo que Povisa reforzase o seu servizo de Hospitalización a Domicilio –HADO–, composto actualmente por 7 equipos que superaron xa as 1.000 probas.

Integrados cada un deles por unha enfermeira e unha auxiliar, desprázanse a domicilios particulares de toda a área de influencia do hospital –Vigo, Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán e Gondomar— e mesmo doutros concellos. Na área do Morrazo e o Val Miñor, estes equipos de Povisa realizan as probas a todos os pacientes con sospeita de coronavirus, con independencia de cal sexa o seu hospital de referencia.

Ademais dos domicilios particulares, están a realizarse tamén probas en residencias de maiores e de discapacitados, onde acceden cos seus equipos de protección individual. As tomas, unha vez realizadas, son enviadas ao Meixoeiro para a súa análise.

Anuncios