Apoio militar para os controis fronteirizos provinciais entre Portugal e España

A colaboración entre os corpos e forzas de seguridade do Estado continúa desenvolvendo o seu traballo resolutivo de acordo ás directrices marcadas desde o Ministerio do Interior e o Ministerio de Defensa. Así o comunicou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba informando das actuacións que se van despregando na provincia.

Desta maneira, a partir de hoxe refórzanse as zonas fronteirizas con Portugal para cumprimentar coas restricións de mobilidade nas estradas. Será un mando terrestre das Forzas Armadas o que se poñerá ao dispor da comandancia da Garda Civil de Pontevedra para mellorar os controis en diversos puntos fronteirizos. En concreto estarán situados na PO-405 ao seu paso polo municipio de Arbo e na PO-553 ao seu paso por Tomiño. Igualmente apostaranse na antiga aduana en Tui e en Salvaterra.

Hai que lembrar que soamente se mantén aberto o punto fronteirizo da A-55 entre Tui e Valença do Minho, mantendo os controis de seguridade que se están levando a cabo desde o pasado 17 de marzo tras o decreto do estado de Alarma no noso país.

A subdelegada do Goberno quixo aproveitar a ocasión para mostrar o seu agradecemento a todos os membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado adscritos á nosa provincia nesta crise sanitaria “quen estivo a disposición para o cumprimento das medidas necesarias para o mantemento da seguridade de toda a cidadanía e a colaboración en accións de emerxencia que están a ser tan importantes nestes momentos”.

De feito, onte e ante a prolongación do Estado de Alarma a subdelegada do Goberno tramitou a instalación dunhas estruturas fixas máis dignas das que se atopaban no control da fronteira na A-55 para que a Policía Nacional e a Garda Civil conten con unhas oficinas provisionais en condicións máis operativas.

Anuncios