Zona Franca informa na súa web sobre as axudas económicas e laborais de apoio ás empresas

Ante unha situación de excepcionalidade como a que se está atravesando no país, desde a Zona Franca de Vigo quixéronse intensificar as accións de comunicación de relevancia para as empresas de Galicia polo que, desde hoxe, pódese ter acceso desde a súa páxina web ás diferentes medidas de apoio á actividade económica ben sexan estatais, autonómicas, locais e como da propia Zona Franca.

Neste módulo de información iranse publicando unhas fichas con toda a información básica e acceso a máis contidos estruturados en campos como beneficiarios, prazos, contías e ligazóns para a tramitación. Como outra Información económica relevante nesta entrada, destacada en cabeceira da web institucional, tamén se inclúen contidos financeiros, fiscais, laborais. Así mesmo desde Zona Franca enviarase ás empresas de Galicia un boletín informativo con todas as actualizacións que se vaian producindo.

Tras a declaración do confinamento obrigatorio para toda a poboación e tal e como manifestou David Regades “en Zona Franca adoptamos todas as medidas necesarias para o mantemento das nosas actividades co único obxectivo de cooperar co mantemento da competitividade e o emprego dos nosos sectores industriais e empresariais por iso, tamén imos incorporar un módulo de suxestións con respostas tabuladas desde onde podamos ir vendo as necesidades das empresas para tratar de darlles a resposta que elas necesitan”.

O Delegado do Estado tamén declarou que “conxuntamente coas medidas de axuda que en Zona Franca tomamos a semana pasada, agora estamos a desenvolver este traballo informativo para dar soporte ao tecido produtivo e, en breve, faremos públicas outras accións que poñeremos en marcha para minimizar o impacto e lograr que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, prodúzase canto antes un rebrote da actividade económica”.

Anuncios