O Cunqueiro libera dúas unidades de hospitalización en previsión do aumento de pacientes con Covid-19

En previsión dun incremento dos requirimentos de hospitalización a pacientes con COVID19, a Área Sanitaria de Vigo activou unha nova medida do Plan de Continxencia fronte a esta pandemia.

Así, de xeito preventivo e anticipándose ás necesidades, adoptouse a decisión de liberar dúas Unidades de Hospitalización do servizo de Traumatoloxía (Velas 2A e 2B) , e trasladar aos 32 pacientes internados nelas ao Hospital Meixoeiro, onde serán ingresados na planta de Traumatoloxía (4ª).

Na tarde de hoxe xa iniciouse o cambio de hospital dalgúns destes pacientes e mañá se completará o traslado do resto.