Baiona extrema as medidas de limpeza e desinfección de lugares de especial sensibilidade

O Concello de Baiona vén de anunciar a intensificación dos traballos de limpeza e desinfección en áreas “de especial sensibilidade” como son aquelas que rexistran maior tránsito de persoas dentro dos límites establecidos polo estado de alerta decretado polo Goberno central, caso da contorna do Centro de Saúde, supermercados ou farmacias.

Estas medidas, tal e como explicou o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, teñen como obxectivo “garantir a saúde dos veciños e veciñas que, por causas xustificadas teñen que saír á rúa” aínda que lembrou o rexedor local “a necesidade de seguir as normas ditadas tanto polo Goberno da nación coma polas autoridades sanitarias en canto a permanecer nas casas como medio de evitar a propagación do coronavirus”.

Estas últimas medidas de desinfección adoptadas polo Concello de Baiona, engádense a outras que xa estaban en marcha dende o inicio do estado de alarma, como a limpeza de rúas e espazos públicos que se realizan “seguindo escrupulosamente as normas indicadas polas autoridades competentes e cos produtos desinfectantes recomendados”.