Galicia só ten recibido do Ministerio a día de hoxe 27.010 máscaras

A día de hoxe, o Sergas tan só recibiu 27.010 máscaras enviadas polo Ministerio de Sanidade para afrontar a crise do coronavirus na nosa Comunidade Autónoma. O primeiro lote de 15.250 recibiuse o pasado venres día 13, e o segundo de 11. 760 unha semana despois.

Trátase de 25.250 máscaras cirúrxicas e 1.760 máscaras FFP2.

A Xunta confía en que o volume de máscaras que o Ministerio asegura ter enviado a Galicia poida facerse realidade a maior brevidade posible na comunidade galega para continuar afrontando conxuntamente esta crise sanitaria.

Anuncios