ADOS impulsa en Galicia a cita previa para doar sangue

FOTO: PEPE COSTAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) impulsa en Galicia a cita previa para doar sangue. Desde hoxe, luns 23 de marzo, todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Anuncios