A atención a pacientes do Val Miñor con sospeita de Covid-19 centralizarase no PAC da Xunqueira

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro de Saúde do Val Miñor.

A Área Sanitaria de Vigo vén de reorganizar a asistencia da atención primaria de xeito que a partir de mañá, luns día 23, vaise centralizar en determinados centros de saúde a atención aos pacientes con sospeita de padecer infección respiratoria por Coronavirus.

Con esta medida trátase de ofertar unha atención máis eficaz e resolutiva a cidadanía, usando os centros con características mais axeitadas (salas de maiores dimensións, posibilidade de diferenciar circuítos, salas de espera mais grandes, ecétera) ao tempo que inténtase protexer e preservar a saúde dos equipos de profesionais fronte ao coronavirus. Así, establécense quendas rotatorias entre médicos e enfermaría para incorporarse ao centro de referencia de atención ao COVID-19, minimizando o risco inherente a unha exposición continuada ante o virus de todos os sanitarios ao mesmo tempo.

Ademais, a partir de mañá, os médicos de atención primaria encargados nos centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC) da atención a pacientes con sospeita de infección por coronavirus poderán solicitar directamente a proba diagnóstica PCR nos casos en que este indicada.

Cambios organizativos

Nesta fase de contención da epidemia, continuarase coa atención dos pacientes na modalidade de cita telefónica, e a asistencia urxente que se poida xerar nos centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC).

Ademais, a partir do día de maña, quedan establecidos nos centros de saúde catro equipos de traballo: Equipo Atención presencial á Urxencia ordinaria; Equipo Atención telefónica para información; Equipo Atención Telefónica para consultas; e un Equipo Atención domiciliaria.

Os centros de referencia para o COVID-19 contan cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual (EPI’s) que coordinará a dispoñibilidade permanente destes equipos -necesarios para a atención deste tipo de pacientes-, que se utilizarán conforme ao protocolo do Servizo de Medicina Preventiva da área.

A cidadanía debe chamar por teléfono

Co obxecto de evitar as concentracións nas salas de espera e os contactos entre usuarios nos centros sanitarios – que poderían aumentar o risco de contaxios-, a autoridade sanitaria da Área de Vigo ten promovido a modalidade de atención non presencial; isto é, a consulta telefónica.

Así, os usuarios deben chamar por teléfono ao seu centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) antes de achegarse ao mesmo. Os profesionais atenderán todas as consultas telefónicas e resolverán o problema de saúde planteado. Se o consideran necesario -e dacordo cos protocolos establecidos- indicarán a realización da proba diagnóstica do coronavirus (PCR).

Desde a xerencia agradécedese a colaboración da cidadanía no cumprimento destas indicacións así como a implicación e compromiso dos profesionais coas novas medidas organizativas, sendo conscentes da complexidade que isto supón no desenvolvemento do seu traballo.

Listado dos Centros de referencia

A nova ordenación da asistencia de pacientes con sospeita de padecer infección respiratoria por Coronoavirus é a seguinte:

Concello de Vigo

1. Rosalía de Castro centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Rosalía de Castro, Beiramar e Casco Vello.

2. Centro de saúde de Teis. Atenderá os seus propios pacientes con sospeita COVID-19.

3. Rúa Cuba centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para os pacientes dos centros de rúa Cuba e Taboada Leal.

4. Centro de saúde da Doblada. Atenderá aos seus propios pacientes con sospeita COVID-19.

5. Centro de saúde de Lavadores. Atenderá os seus propios pacientes con sospeita COVID-19.

6. Sárdoma centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita de COVID-19 para os pacientes de Sárdoma, Bembrive e Matamá.

7. Centro de saúde de Coia atenderá os seus propios pacientes con sospeita COVID-19.

8. Centro de saúde de Navia centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Navia e Coruxo.

9. Centro de saúde de Pintor Colmeiro centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes a Pintor Colmeiro, Nicolás Peña e López Mora.

Organización resto Concellos da Área Sanitaria

10. Centro de saúde de Cangas centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Cangas e Moaña.

11. Centro de saúde Val Miñor centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Baiona, Gondomar e Panxón.

12. Centro de saúde A Guarda centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Oia, O Rosal e A Guarda.

13. Centro de saúde Tui centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Goián, Tomiño e Tui.

14. Centro de saúde de Porriño centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Porriño e Salceda de Caselas.

15. Centro de saúde de Mos para os seus propios pacientes con sospeita COVID-19.

16. Centro de saúde de Redondela centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para paciente de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén Chapela e Redondela.

17. Centro de saúde de Ponteareas centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Salvaterra, Mondariz-Balneario, As Neves, Covelo e Mondariz Pueblo.

18. Centro de saúde da Cañiza centraliza a atención a pacientes respiratorios con sospeita COVID-19 para pacientes de Arbo, Crecente, Valeixe e A Cañiza.