A Policía Nacional lembra á cidadanía a obrigación de cumprir o establecido no Real Decreto 463/2020, modificado polo RD 465/2020, polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da crise sanitaria.
En Galicia, mañá, día 19 de marzo é festivo. A Policía Nacional lembra aos cidadáns a responsabilidade que ten coa sociedade para formar parte nesta loita contra o COVID-19 e a obrigación de permanecer nos seus domicilios.
Non vaias á túa segunda residencia
De acordo ás medidas recollidas no Real Decreto, durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización dunha serie de actividades moi concretas, entre as que non se atopan os traslados a unha segunda residencia. Por tanto, lémbrase a obrigatoriedade de permanecer na residencia habitual. As Forzas e Corpos de Seguridade velarán na rúa para que este tipo de desprazamentos non leven a cabo.

