Constituído o Comité de Coordinación Provincial

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu durante esta mañá, o Comité de Coordinación de Seguridade en Pontevedra. Desta forma e para dar cumprimento á orde ministerial de Interior, desde a subdelegación de Goberno centralizarase a coordinación e seguimento en materia de seguridade provincial por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado. Para iso, estiveron presentes a Comisaria Provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma, o Coronel Xefe da Garda Civil, Simón Venzal e o Comisario Xefe accidental en Vigo, Carlos Valcárcel.

Igualmente, tamén asistiron os xefes da Policía Local de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Ángel Ruibal, Francisco Martínez e Jose Antonio Prego, respectivamente. Con esta posta en marcha do Comité de Coordinación garántese a harmonización das accións de Policía Nacional e Garda Civil cos axentes locais, dando cumprimento á Orde INT/226/2020, do 15 de marzo, pola que se establecen criterios de actuación para as Forzas e Corpos de Seguridade en relación co Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE do 15 de marzo), e en coordinación coa Delegación de Goberno en Galicia onde se centraliza o traballo para realizar no ámbito da seguridade do Estado.

Desta forma, este comité estableceron os criterios de operatividade de todos os corpos de seguridade na provincia, manténdose nunha rede de información compartida con todos os seus compoñentes para actualizar calquera situación nova no ámbito da seguridade cidadá.

No caso do resto de localidades pontevedresas, a Comandancia da Garda Civil e a Comisaría Provincial da Policía Nacional han activado os diferentes protocolos de colaboración establecidos desde as propias Xuntas Locais de Seguridade promovendo a coordinación necesaria entre os corpos da Policía Local e os medios do Estado.

Maica Larriba foi informada da situación en canto a incidencias na provincia, destacando a normalidade en case todo o territorio, exceptuando a actitude puntual dalgún transeúnte ou nalgún establecemento.

Igualmente, informouse da situación na zona fronteiriza con Portugal, onde non se produciu ningún problema engadido, destacando o paso fluído de traballadores a ambos os dous lados da fronteira para acudir, exclusivamente, aos seus postos de traballo. Para iso reforzouse a presenza dos axentes da Garda Civil para informar sobre as medidas adoptadas no noso país.

Tamén e respecto a as medidas tomadas en canto á atención cidadá, desde a Comisaría Provincial da Policía Nacional deuse conta da suspensión do servizo de DNI e/ou Pasaporte, quedando soamente activo e de forma presencial, para situacións de urxencia xustificada. Para iso, deberán pedir información no teléfono 986868329, quedando todas as citas programadas anuladas de forma temporal.

Finalmente, a subdelegada do Goberno quixo trasladar o seu agradecemento e dispoñibilidade por parte dos membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado que, xunto á Policía Local “demostraron a súa total dedicación durante estes primeiros días co ordenamento de todas as medidas adoptadas a partir da declaración do Estado de Alarma por parte do goberno de España”.

Maica Larriba expresou a súa satisfacción respecto a a actitude responsable da cidadanía pontevedresa querendo facer chegar a “necesidade manter esta actitude de máxima colaboración e de implicación individual porque a este virus imos parar todos unidos”.