Comunicado do grupo “Apoio Val Miñor” ante o servizo do Concello de Nigrán

Debido á carencia de iniciativas de axuda a colectivos de risco nos tres concellos do Val Miñor, creouse o “Grupo de Apoio do Val Miñor”, unha iniciativa que se leva a cabo noutros puntos de España. Este grupo foi creado o pasado 14 de marzo a medio día. Nel contribuíu persoal sanitario, persoas de protección civil e veciños/as do Val Miñor, dos cales ofertáronse unha vintena de persoas voluntarias.

Ante a nova do día de hoxe, día 16 de marzo, de que o Concello de Nigrán pon en marcha as mesmas medidas de dito grupo e ampliando algún que outro servizo, o grupo veciñal intermunicipal recibe sorprendido e agradecido a iniciativa do Concello de Nigrán, pero bota en falta a coordinación dos tres Concellos e que non se avisara con anterioridade destas medidas, xa que o alcalde de Nigrán tiña coñecemento previo e deste xeito poderíanse evitar duplicidades.

Por este motivo, o Grupo de Apoio continuará a súa labor, pero en canto se reciba algunha petición de axuda derivarase ao Concello correspondente. En caso de que en este non exista ningún servizo similar, actuarán como ata agora seguindo o protocolo sanitario e coa protección apropiada. Para así, sumar forzas e recursos que son imprescindibles e limitados, dos cales o Concello ten maior disposición.

Dito grupo reitera o seu agradecemento ao alcalde de Nigrán, por tomar o relevo da súa iniciativa e poñela en práctica, botando de menos que soamente se teña en conta a idea e non a participación do colectivo, a cal ofertouse xunto co proxecto.

Enlace do grupo de WhatsApp:
https://chat.whatsapp.com/EL3PhdiSaS6HRTqZSN1liU

Enlace do grupo de telegram:
https://t.me/joinchat/L-WMURyWKisQgFUMPe_IGg