Suspendidas as festas da Virxe da Cela en Baredo

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe da Cela.

A Comisión de Festas de Baredo informa que ante a actual situación xerada polo coronavirus COVID-19 quedan suspendidas todas as súas actividades programadas. Así, non se celebrarán os festexos na honra da Virxe da Cela previstos para o mércores 25 de marzo nin a actuación da orquestra París de Noia o día 28. Tampouco se celebrarán os bingos dos domingos no Centro Cultural de Baredo.