Peche temporal da Piscina Mancomunada da Ramallosa

Seguindo as medidas de carácter extraordinario polo coronavirus (COVID-19) da Mancomunidade do Val Miñor, as instalacións da Piscina Mancomunada da Ramallosa permanecerán pechadas desde hoxe 13 marzo como medida preventiva para garantir a saúde de usuarios e traballadores. O peche terá unha duración inicial de 15 días, aproximadamente ata o 31 de marzo.