Localizan un cadáver flotando na zona do naufraxio do Marsua J

A tripulación do pesqueiro Novo Meira localizou un corpo sen vida na zona de Freu da Porta, entre as dúas illas Cíes. Precisamente neste lugar centráronse os labores de procura do patrón do pesqueiro Marsua J, Jorge Emilio Martín Costas, que naufragou o pasado 25 de febreiro. O outro tripulante, Jose Manuel Freire Leyenda, veciño de Baiona, foi achado xunto á embarcación, localizada “quilla ao sol”.

Os servizos de emerxencias tratan de recuperar o cadáver nestes momentos. Foron enviados á zona o helicóptero Pesca I e a patrulleira Corvo Mariño da Garda Civil. Salvamento Marítimo deu aviso ás 11:30 horas do achado do corpo a Emerxencias, que informou á súa vez os servizos de Gardacostas de Galicia, Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil.

Anuncios