Vitoria do Cereixa na sempre difícil pista do Apóstol

Vitoria do Coperfi Cereixa Gondomar FS nunha pista sempre difícil como a do Apóstol. O partido comezou perfecto xa que moi pronto os de Vincios púñanse con 0-3 resultado que se dedicou a xestionar durante a primeira metade e que chegou ao descanso co resultado de 1-4. Da comezo a segunda parte e segue igual para os visitantes, que sempre mantiveron controlado o partido chegando ao final do mesmo co resultado de 2-7, que afianza ao equipo nos postos altos da clasificación.

Destacar o compromiso dos xogadores con este Club, a visita de López que lles acompañou este sábado recen chegado de terras cataláns e o debut de David Alonso que xogaba os seus primeiros minutos coa camiseta do Cereixa. Toca seguir traballando e pensar xa en recibir ao Cesures, o próximo rival, e aproveitar a ocasión para agradecer o apoio recibido de toda a afección desprazada ao Colexio Apóstol na tarde de onte.

Rubén (3), Gabry (2), Séquito e Esteban foron os goleadores.