Hoxe o alumnado do 3º ciclo de primaria do CPI de Cova Terreña de Baiona (80 nenos e nenas de 5º e 6º) visitou a exposición “Sardiñas, potas, pan de trigo e sal: A vida dos mercados”, no Edificio da Capitanía Marítima. Todos e todas gozaron coas explicacións que lles deu o historiador naionés Anxo Rodríguez Lemos, organizador/creador da mostra. Foi un luxo para estes alumnos e alumnas do CPI Cova Terreña e os seus titores e titoras, escoitar como, a través de tantos obxectos antigos que foi coleccionando e restaurando ao longo de moitos anos e de fermosas fotografías antigas, Anxo explicaba parte da historia de Baiona, o arte da pesca, o importante papel que tiveron sempre as mulleres , etc, etc. A visita serviu tamén como aprendizaxe de termos que forman parte da nosa tradición oral e non deben ser esquecidos.
80 alumnos e alumnas do Cova Terreña visitan a mostra “A vida dos mercados”







