Catro deportistas do Club de Loita Sabarís acoden ao Campionato de España

A selección Galega de Loita acode aos Campionatos de España escolares e cadetes de Loitas Olímpicas, que terán lugar o sábado 7 de marzo en Gijón. En Loita Libre Olímpica, Galicia leva 19 inscricións, en Loita Feminina a 8 inscritas e en Loita Grecorromana a 14 inscritos. Entre eles están catro deportistas do Club de Loita Sabarís, Anxo Lomba (38 kg), Lois Cabrera (60 kg Grecorromana), Breixo Martínez (60 kg) e Jesús Forcao (82 kg).