Catro representantes do Laroca participaron nos Campionatos Galegos sub 18

Estes pasados días celebráronse na localidade de Padrón os Campionatos Galegos de Xadrez nas categorías sub 18 e sub 14, nos que o Club de Xadrez Laroca participou con catro representantes na categoría sub 18. O laroqueiro Artai bringas rematou no sexto posto empatado a 5,5 puntos co terceiro clasificado e invicto con tres vitorias e cinco táboas; Ana Fernández rematou no posto 27 con 3 puntos, con tres vitorias e cinco derrotas; Laura González rematou no posto 33 con 2,5 puntos grazas a unha vitoria e tres táboas; e Sara González rematou no 35 con un punto despois de terse que retirar a metade do torneo por un problema de saúde.

Por outra banda este sábado renóvase a liga galega de xadrez. Na primeira división o Laroca A enfrontarase na sede de Nigrán ao equipo marinense Reloxería Muíños Xadrez Marín; na segunda división o Laroca B desprazarase a Bueu para enfrontarse ao Xadrez Bueu B; mentres que o Laroca Mallón-Auga da Laxe enfrontarase ao equipo vigués do Alekhine-Correduría Tempu; na terceira división o Laroca C desprazarase a Mos para enfrontarase ao Mos J, mentres que o Laroca D desprazase a Vigo para enfrontarse ao Lucena Juvenil.

Anuncios