
O Liceo Marítimo de Baiona fai a súa achega á Festa da Arribada organizando no seu salón a Exposición de Traxes Medievais e Cartelería das Arribadas anteriores. Aínda que xa se atopa aberta ao público, a inauguración oficial será o vindeiro xoves día 27, ás 18:00 horas. Animan ao público a que acuda á mesma ataviado co seu traxe medieval. Nesta Exposición participan as deseñadoras de Baiona Teresa Rodríguez Penedo e Malúa, que amablemente cederon os seus traxes para a mostra, e o Concello de Baiona, que cede a cartelería. Da decoración da mesma encargouse Francisco González.