Continúa a procura do mariñeiro de Panxón

Salvamento Marítimo informa que este mércores renovouse a procura de Jorge Emilio Martín Costas, patrón do pesqueiro Marsua J e veciño de Panxón, na zona das Illas Cíes e a costa sur da Ría de Vigo. Participan a Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo, a Río Guadalope da Garda Civil, unha embarcación de Aduanas e a Ruta da Guía de Gardacostas de Galicia, nun dispositivo coordinado polo Centro de Salvamento Marítimo de Vigo. Por aire, está prevista a presenza do helicóptero Pesca 1 da Xunta, que será relevado polo Helimer 213 de Salvamento.

Anuncios