
O goberno local de Gondomar vén de anunciar que se suspenderán as actividades programadas para o Martes de Entroido e Mércores de Cinza en sinal de duelo pola morte do mariñeiro de Baiona José Manuel Freire Leyenda e a desaparición do patrón de Panxón Jorge Emilio Martín Costas, ambos os dous tripulantes do pesqueiro Marsua J, que naufragou este luns nas inmediacións de Cíes. Así mesmo traslada as súas condolencias as súas familias neste triste momento, “nunha xornada na que toda a comarca do Val Miñor está de loito”.