O IES Val Miñor celebra, o vindeiro luns 2 de marzo, o seu terceiro Premio Muller Científica. Nesta ocasión, a galardoada é a astrofísica Ana Ulla Miguel, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional, involucrada en proxectos de gran repercusión no campo da astrofísica. Ao longo da súa carreira ten participado en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis, polo que supón un honor que o noso premio conte con ela como a galardoada en 2020. O acto terá lugar ás 17:00 horas no centro nigranés.
Artículos relacionados
A Xunta monitoriza a posible chegada a Galicia da columna de dióxido de xofre procedente do volcán da Palma
A columna de dióxido de xofre (SO2) procedente do volcán Cumbre Vieja na illa da Palma, en Canarias, podería chegar a Galicia ao longo da xornada deste luns, aínda que non está previsto que estas […]
A Xunta citará para vacinarse contra a covid-19 ás persoas que xa superaron a enfermidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa, de que a Xunta de Galicia comezará a citar ás persoas que xa pasaron a enfermidade da covid-19, para recibir a […]
A corporación de Nigrán apoia de xeito unánime o dereito de autodeterminación do pobo saharauí
A unanimidade da corporación do Concello de Nigrán aprobou unha moción de urxencia do goberno local en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharauí e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior […]