Nigrán tamén suspende todas as súas actividades festivas e culturais

O Concello de Nigrán, ante a traxedia vivida hoxe no mar, suspende todas as súas actividades festivas e culturais previstas namentres continúen os labores de busca de Jorge Emilio Martín Costas, mariñeiro de Panxón desaparecido no naufraxio do Marsua J., ao tempo que, en nome de toda a veciñanza, traslada todo o seu apoio e solidariedade á familia. Igualmente, o Concello de Nigrán expresa as súas condolencias e pesar pola morte do seu compañeiro José Manuel Freire Leyenda, mariñeiro veciño de Baiona.

Anuncios