Localizado o corpo sen vida dun dos tripulantes do Marsua J na zona do naufraxio

O helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia localizou sobre as 17:20 horas a embarcación Marsua J quilla ao sol en Freu da Porta, entre a illa Norte e a illa Sur das Cíes, e un corpo sen vida, na auga. A Salvamar Mirach recuperou o cadáver, que será trasbordado á patrulleira Río Goadalope da Garda Civil e trasladado a Baiona.

O pesqueiro, con dous tripulantes a bordo, desaparecera a tarde deste luns. A Confraría de Baiona trasladou o aviso ás 16:15 horas ante a falta de noticias do barco, que estivo a faenar ao oeste das Illas Cíes. Nestes momentos continúa a procura do segundo tripulante.

No rexistro da frota do Ministerio, figura que se trata dun barco de artes menores de case sete metros de eslora. Ten porto base en Baiona e foi dado de alta en febreiro de 2001.

Anuncios