Interceptado un veciño de Gondomar conducindo baixo os efectos do alcol en Vigo

O pasado día 22 de febreiro, unha Dotación da Policía Local de Vigo atopábase realizando labores de vixilancia e control en Materia de Seguridade Viaria na Praza Francisco Fernández del Riego, cando deu o alto a un turismo con dous ocupantes ás 1:37 horas.

Ao solicitarlle ao condutor, E. F. G, veciño de Gondomar de 52 anos de idade, a documentación do vehículo para verificación dos datos, os axentes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,60 e 0,59 mg/l de alcol por aire expirado, o que non excede o límite penal establecido.

Por este motivo cursouse a correspondente denuncia administrativa, designando unha condutora alternativa, para que se fixese cargo do vehículo.

Anuncios