Alberto Villarroel, do Serra Gondomar, prata no Real Archery Tournament

Esta fin de semana celebrouse no Pavillón Municipal de Casal de Cambra, en Sintra (Portugal), o Real Archery Tournament, un torneo internacional de sala composto por Fase Clasificatoria e Eliminatorias homologado para a obtención de “Estrelas FITA”. O Club Serra de Gondomar acudiu con dous dos seus arqueiros, Alberto Villarroel e Manuel Costal, que ocuparon os primeiros postos na xornada do sábado. Nas finais disputadas o domingo, Alberto Villarroel logrou unha medalla de prata, mentres que Manuel Costas ocupou o 4º posto. Ambos participaron na categoría Tiro Indoor Sala Precisión, na que se tiran dúas roldas de 30 frechas cada unha, a unha distancia de 18 metros na modalidade Estilo Libre.

Anuncios