Os cadetes do CB Nigrán fan historia

O equipo cadete do CB Nigrán acábase de meter na final da liga desta tempada 2019-2020. Non foi un camiño fácil, pero finalmente foron capaces de remontar algún que outro resultado adverso da primeira volta. A liga arrancaba o pasado mes de outubro e, aínda que o equipo viña traballando moi ben, o certo é que os rivais tamén tiñan un alto nivel de competición e iso obrigoulles a que cada partido presentásese como unha final para poder estar entre os dous primeiros postos do grupo e poder así xogar os cruces cos dous mellores do outro grupo.

Con moito esforzo e tesón o equipo conseguiu ese obxectivo de meterse entre os catro primeiros da liga, que xa era unha gran fazaña, e focalizou entón o seu traballo en preparar a semifinal contra Seis do Nadal, equipo tamén moi competitivo. En Nigrán empezouse a acariñar un soño cando o equipo superou este primeiro partido de ida gañando por case vinte puntos ao seu rival arroupados por unha bancada na que familias dos xogadores e demais familias do CB Nigrán foron un factor crave na devandita vitoria.

O equipo sabía o que se xogaba no partido de hoxe, nunha cancha sempre difícil e onde o rival desde un primeiro momento non puxo as cousas fáciles ao club nigranés que tivo que mostrar a súa mellor versión na cancha. Pero como sempre, pelexaron duro e conseguiron así meterse na final da liga. Esta final terá lugar a próxima fin de semana xogando dous partidos de ida e volta contra PBB, gañador da outra semifinal.

Pase o que pase a próxima fin de semana, o certo é que este grupo de xogadores do Nigrán xa escribiron unha páxina moi importante na historia do Club, un club que segue conseguindo éxitos deportivos que atesouran o bo traballo que se realiza día a día.

Anuncios